O Maside deu a sorpresa en Allariz
O Maside protagonizou a sorpresa da penúltima xornada da primeira volta na 1ª Autonómica Xuvenil ao gañar (0-1) ao Allariz no campo do Seixo. Esta segunda victoria ligueira dos masidaos permítelle, aínda que sexa polo coeficiente xeral, sair por primeira vez na tempada dos postos de descenso. O equipo alaricán viu cortada una racha de oito semanas consecutivas sen perder e tamén viu como a súa porteiría encaixaba un gol despois de cinco confrontacións a cero.
*Para ver en grande a clasificación facedes doble click enriba dela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario